Entradas

Aliménta-T Ben no 1º ciclo

Imagen
O proxecto desenvolveuse arredor do coñecemento e a posta en práctica do Prato Harvard , co obxectivo de fomentar hábitos de alimentación saudables a través dunha aprendizaxe activa, manipulativa e cooperativa. Ao longo das distintas actividades, o alumnado traballou estratexias de pensamento, identificando alimentos e formulando preguntas sobre a alimentación saudable. A partir desta base, afondamos nos diferentes grupos de alimentos, destacando a importancia de incorporar froitas, verduras, hidratos e proteínas en cada prato. A aprendizaxe dos hidratos de carbono realizouse mediante experimentos, como a detección de almidón con iodo, e a diferenciación entre cereais e tubérculos a través de dinámicas cooperativas. No caso das proteínas, o alumnado elaborou queixo caseiro a partir de leite e limón, reflexionando sobre as proteínas de orixe animal e vexetal e degustando o resultado. Por outro lado, as froitas e verduras traballáronse con elementos reais, de forma sensorial e manipula...

O PRATO HARVARD

Imagen
Este curso 2025/2026, no ámbito Natural e Social , traballamos o Prato de Harvard como unha proposta vivencial e significativa para achegar ao alumnado á alimentación saudable desde unha linguaxe próxima e motivadora. A partir desta ferramenta visual, o alumnado foi descubrindo como debe organizarse un prato equilibrado, identificando os distintos grupos de alimentos e comprendendo a súa importancia no coidado do corpo. Para favorecer a comprensión e a motivación, introducimos a figura dos “superheroes dos grupos de alimentos” , convertendo cada grupo nun aliado con “poderes” diferentes que axudan a medrar, ter enerxía, protexer o corpo e manterse saudable. Deste xeito, as froitas e verduras convertéronse en superheroes protectores, os cereais en fontes de enerxía, as proteínas en construtores do corpo e a auga no elemento esencial que mantén todo en equilibrio. Esta narrativa permitiu que o alumnado se implicase de forma máis activa, facendo máis accesible a aprendizaxe e facilitan...

“UNHA VIAXE POLO CEO: O CLIMA” - INFANTIL 2024-2025

É unha tarefa que abrangue todos os niveis educativos do ámbito NATURAL SOCIAL convertendo ó alumnado en pequenos e pequenas expertas no coñecemento dos factores do clima e outros aspectos relacionados para comprender o por que da existencia de climas e ecosistemas tan diversos no planeta. Durante este curso, na etapa de educación infantil, afondamos sobre o estudo dos elementos metereolóxicos (neve, vento, choiva, nubes, arco da vella e sol) e os instrumentos que hai para observalos e medilos. Tamén descubrimos as catro estacións do ano, coñecemos distintos tipos de climas (desértico, polar e tropical) e observamos o ciclo da auga. Todas as tarefas que se realizaron ó longo do curso foron lúdicas, manipulativas, experimentais, sensorias e artísticas, a través de rutinas de pensamento, experimentos, xogos cooperativos, contos, cancións, videos explicativos, estacións de aprendizaxe… traballando de forma cooperativa en pequenos grupos, de forma individual e en gran grupo.

A PEGADA DOS COSMÉTICOS.COÑECER PARA TRANSFORMAR.(3º E 4º DE PRIMARIA).

Imagen
  “A pegada dos cosméticos. Coñecer para transformar” é unha tarefa que abarca todo o curso en todos os niveis educativos do ámbito Natural e Social que ten 3 obxectivos principais: -        Coñecer o impacto dos cosméticos no medio ambiente. -        Buscar solucións para reducir a pegada dos cosméticos no medio ambiente. -        Crear cosméticos ecolóxicos e respectuosos co medio ambiente.   A tarefa organízase en tres fases, unha para cada trimestre: -        No primeiro trimestre investigamos sobre o impacto dos cosméticos no medio ambiente a partir dunha noticia de actualidade. A noticia informa sobre catro aspectos clave: saúde, probas crueis en animais, emisións de CO2 pola produción de envases dun so uso e microplásticos. -        No segundo trimestre,   buscamos boas prácticas e expertas e/ou expert...

Segunda Tarefa: Cosmética natural da man de Planti

Imagen
Esta tarefa comezamos descubrindo unha personaxe que nos acompañou ao longo de todo o trimestre. Chamábase Planti, enviounos videos, cartas... onde explicaba certas misións que tiñamos que resolver para aprender sobre as súas amigas as plantas aromáticas: Herbaluísa, Romeu, Menta e Lavanda.  Con todo isto conseguimos aprender sobre a importancia de facer un tipo de cosmética máis respetuosa co planeta no que vivimos e sobretodo co noso propio autocoidado diario.  No ámbito Natural e Social de infantil creamos a nosa propia crema de Romeu, aceite de oliva e cera de abella. Ademais, tamén aprendimos a coidar o corpor por dentro e elaboramos Auga detox con limón, pepino e menta. Todas as receitas quedaron xenial e son moi boas para coidar o noso corpo e contaminar menos.  Con Planti fomos conscientes de que as plantas serven para moitas cousas e que temos que tratar de utilizalas na nosa vida diaria. Sabemos que teñen diversos usos e que todos eses son moi beneficiosos para ...

A contaminación do mar. Primeira Tarefa do alumnado de Infantil

Imagen
No primeiro trimestre o alumnado de infantil estivo investigando sobre a contaminación do mar.  Comezamos por observar certas imaxes que nos evocaban a sentir rexeitamento pola situación actual dos nosos mares e praias.  Despois, pasamos a facer experimentos diversos que nos daban pé a comprender o que está acontecendo e a tratar de buscar novas solucións que nos permitan ser máis ecolóxicos coma por exemplo o plástico ecolóxico que fixemos na aula.  Deixamos un video a modo de resumo: 

CIENTÍFICOS DOS SERES VIVOS DO MONTE ALOIA - SEGUNDO DE PRIMARIA

Imagen
Despois de investigar nos seres vivos que habitan no Monte Aloia chega o momento de afondar nas características dos animais e as plantas. Agora, aprendemos ciencias! CÍRCULO de presentación: Expresamos as nosas opinións sobre algunhas hipótesis... De que che gustaría traballar de maior? Se puideses ter algunha característica dun animal, cal sería? velocidad, falar con sons, saltar moito, poder respirar baixo o auga… Se foras un superheroe que coida o planeta, que che gustaría facer? Se foras unha planta ou un arbore, que parte del serías e por que? INVESTIGACIÓN DOS ANIMAIS.   Clasificar nun mapa mental os tipos de animais (vertebrados, invertebrados) mamíferos, peixes, anfibios, reptiles, aves e insectos. MOVÉMONOS COMO ANIMAIS. Movémonos como diferentes animais: mariposa, serpe, araña, elefante, cabalo, cabaliño de mar, peixe, cocodrilo, paxariño, ra, morcego, raposo, rato… poñémonos na súa pel e tratamos de sentir como é ser ese animal. XOGO CONCEPT KIDS ANIMAL: Todos xuntos r...