CIENTÍFICOS DOS SERES VIVOS DO MONTE ALOIA - SEGUNDO DE PRIMARIA

Despois de investigar nos seres vivos que habitan no Monte Aloia chega o momento de afondar nas características dos animais e as plantas. Agora, aprendemos ciencias!

  1. CÍRCULO de presentación: Expresamos as nosas opinións sobre algunhas hipótesis...

  • De que che gustaría traballar de maior?

  • Se puideses ter algunha característica dun animal, cal sería? velocidad, falar con sons, saltar moito, poder respirar baixo o auga…

  • Se foras un superheroe que coida o planeta, que che gustaría facer?

  • Se foras unha planta ou un arbore, que parte del serías e por que?


  1. INVESTIGACIÓN DOS ANIMAIS.  Clasificar nun mapa mental os tipos de animais (vertebrados, invertebrados) mamíferos, peixes, anfibios, reptiles, aves e insectos.

  1. MOVÉMONOS COMO ANIMAIS. Movémonos como diferentes animais: mariposa, serpe, araña, elefante, cabalo, cabaliño de mar, peixe, cocodrilo, paxariño, ra, morcego, raposo, rato… poñémonos na súa pel e tratamos de sentir como é ser ese animal.

  1. XOGO CONCEPT KIDS ANIMAL: Todos xuntos repasamos os contidos sobre a clasificación dos animais xogando ao Concept KID




  1. REPORTAXE, SOMOS UN ANIMAL DO MONTE ALOIA. Describimos as características dun animal do Monte Aloia nunha plantilla e logo poñemoslle a nosa voz coa app Chatter KId. De esta forma expresamos as nosas investigacións de forma oral e escrita. Mira AQUÍ o traballo coa app.

  1. INVESTIGACIÓN SOBRE AS PLANTAS. Investigamos as partes dunha planta e cubrimos unha plantilla coas partes da planta e as súas funcións a través dunha lectura compartida en equipo.

  1. VIVENCIAMOS A VIDA DUNHA PLANTA. Cunha ambientacion musical vivenciamos a vida dunha planta. Comezamos sendo sementes debaixo da terra, despregámonos e crecemos, sentimos o sol e a forza da nosa estrutura. Vivimos un temporal e aguantamos o vento e o frío agarrados a terra. E logo, pouco a pouco, imos morrendo mentres o noso corpo perde forza e vitalidade.

  1. QUEBRACABEZAS DE ÁRBORES DO MONTE ALOIA. En equipo construimos quebracabezas con imaxes dos nosos árbores autóctonos.


  1. CANCIÓN PROTESTA: En equipo escribimos unha estrofa con catro frases que falen sobre a importancia das árbores. Memorizamos e cantámolas coa base dun ritmo de rap. Grabamos a nosa canción protesta. Escoita AQUÍ

  2. CARTEL SOBRE A IMPORTANCIA DAS ÁRBORES: En equipo facemos un cartel conxuntamente con imaxes de árbores.


Mira AQUÍ todas as imaxes e vídeos do traballo de segundo de primaria

Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️