“UNHA VIAXE POLO CEO: O CLIMA” - INFANTIL 2024-2025

É unha tarefa que abrangue todos os niveis educativos do

ámbito NATURAL SOCIAL convertendo ó alumnado en pequenos e pequenas expertas no

coñecemento dos factores do clima e outros aspectos relacionados para comprender o por que da

existencia de climas e ecosistemas tan diversos no planeta.

Durante este curso, na etapa de educación infantil, afondamos sobre o estudo dos elementos

metereolóxicos (neve, vento, choiva, nubes, arco da vella e sol) e os instrumentos que hai para

observalos e medilos. Tamén descubrimos as catro estacións do ano, coñecemos distintos tipos de

climas (desértico, polar e tropical) e observamos o ciclo da auga. Todas as tarefas que se

realizaron ó longo do curso foron lúdicas, manipulativas, experimentais, sensorias e artísticas, a

través de rutinas de pensamento, experimentos, xogos cooperativos, contos, cancións, videos

explicativos, estacións de aprendizaxe… traballando de forma cooperativa en pequenos grupos, de

forma individual e en gran grupo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"