Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

Aliménta-T Ben no 1º ciclo

Imagen
O proxecto desenvolveuse arredor do coñecemento e a posta en práctica do Prato Harvard , co obxectivo de fomentar hábitos de alimentación saudables a través dunha aprendizaxe activa, manipulativa e cooperativa. Ao longo das distintas actividades, o alumnado traballou estratexias de pensamento, identificando alimentos e formulando preguntas sobre a alimentación saudable. A partir desta base, afondamos nos diferentes grupos de alimentos, destacando a importancia de incorporar froitas, verduras, hidratos e proteínas en cada prato. A aprendizaxe dos hidratos de carbono realizouse mediante experimentos, como a detección de almidón con iodo, e a diferenciación entre cereais e tubérculos a través de dinámicas cooperativas. No caso das proteínas, o alumnado elaborou queixo caseiro a partir de leite e limón, reflexionando sobre as proteínas de orixe animal e vexetal e degustando o resultado. Por outro lado, as froitas e verduras traballáronse con elementos reais, de forma sensorial e manipula...

O PRATO HARVARD

Imagen
Este curso 2025/2026, no ámbito Natural e Social , traballamos o Prato de Harvard como unha proposta vivencial e significativa para achegar ao alumnado á alimentación saudable desde unha linguaxe próxima e motivadora. A partir desta ferramenta visual, o alumnado foi descubrindo como debe organizarse un prato equilibrado, identificando os distintos grupos de alimentos e comprendendo a súa importancia no coidado do corpo. Para favorecer a comprensión e a motivación, introducimos a figura dos “superheroes dos grupos de alimentos” , convertendo cada grupo nun aliado con “poderes” diferentes que axudan a medrar, ter enerxía, protexer o corpo e manterse saudable. Deste xeito, as froitas e verduras convertéronse en superheroes protectores, os cereais en fontes de enerxía, as proteínas en construtores do corpo e a auga no elemento esencial que mantén todo en equilibrio. Esta narrativa permitiu que o alumnado se implicase de forma máis activa, facendo máis accesible a aprendizaxe e facilitan...