Segunda Tarefa: Cosmética natural da man de Planti

Esta tarefa comezamos descubrindo unha personaxe que nos acompañou ao longo de todo o trimestre. Chamábase Planti, enviounos videos, cartas... onde explicaba certas misións que tiñamos que resolver para aprender sobre as súas amigas as plantas aromáticas: Herbaluísa, Romeu, Menta e Lavanda. 

Con todo isto conseguimos aprender sobre a importancia de facer un tipo de cosmética máis respetuosa co planeta no que vivimos e sobretodo co noso propio autocoidado diario. 

No ámbito Natural e Social de infantil creamos a nosa propia crema de Romeu, aceite de oliva e cera de abella. Ademais, tamén aprendimos a coidar o corpor por dentro e elaboramos Auga detox con limón, pepino e menta. Todas as receitas quedaron xenial e son moi boas para coidar o noso corpo e contaminar menos. 

Con Planti fomos conscientes de que as plantas serven para moitas cousas e que temos que tratar de utilizalas na nosa vida diaria. Sabemos que teñen diversos usos e que todos eses son moi beneficiosos para o ser humano. 

Deixamos un video resumo para poder observar as propostas realizadas ao longo do trimestre: 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"