Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

ACTÍVA-T TUI! 2º Ed.Primaria

Imagen
  No ámbito Natural e Social 🍃 estivemos traballando o activismo social, coñecemos a historia de Greta Thunberg, aprendemos a diferenciar entre desexar e actuar para mellorar o planeta, e fixemos unha enquisa na rúa para coñecer as necesidades de Tui e  pensar que podíamos facer nós para axudar ao planeta 🌏 Observando as fotos que sacamos no primeiro trimeste da contorna,  fíxemonos preguntas sobre a reciclaxe e o lixo que nos atopamos na rúa. Despois elaboramos unha enquisa e saimos á rúa para coñecer a opinión das persoas de Tui sobre a limpezada da vila: É Tui unha cidade limpa? Botas de menos papeleiras nas rúas? Que podemos facer para mellorar? Estarías dispostx a participar nunha recollida de lixo coletiva?... Foron algunhas das preguntas que fixemos 🎤📋 Ao final, tendo en conta o lemo do cole (Pensa globalmente, actúa localmente; xunxs somos máis fortes) decidimos que neste trimestre iamos actuar localmente e comezamos por facelo no noso patio, recollendo lixo e aquelando o n

GRAN RECOLLIDA DE LIXO. ACTIVISTAS MEDIOAMBIETAIS

Imagen
Para dar fin ao noso movemento activo en sí mesmo e unha vez realizadas as video invitacións para a nosa comunidade educativa e para a xente de Tui, levamos a cabo a nosa Gran Recollida de lixo pola cidade.  Todas as familias e persoas que quixeron colaborar apareceron na hora e día acordados.  Repartimos as zonas de Tui segundo o grupo de alumnado (por distancia ao centro de menor a maior idade) e abarcamos unha gran cantidade de espazos.  A iniciativa foi moi especial e tivo moi boa acollida por parte de todxs, polo que é probable que a manteñamos de cara a vindeiros cursos.  De feito, falando co Concello de Tui e comentándolle a idea, decidiron facer esta proposta con todos os centros educativos da zona e programaron unha xornada de recollida de lixo para todos os coles. Neste ano o noso centro non puidemos participar por mor do acto de graduación do alumnado de 6º de infantil e 6º de primaria. Pero estamos felices de saber que as nosas iniciativas crean acción e que a xente decida

Tarefa 2 Infantil. ACTÍVA-T TUI! O activismo mediomambiental

Imagen
Nesta derradeira tarefa do ano o alumnado de infantil estivo investigando sobre o activismo medioambiental da man do seu amigo ECOCAN, o can que procura o coidado do planeta Terra e que nos envía Ecoretos para superar.  Despois de investigar por Tui as especies florais, a fauna e a contaminación existente na nosa contorna. Chegamos á conclusión de que había que actuar, polo que decidimos pasar a acción facendo unha recollida de Lixo masiva coas nosas familias por diferentes puntos de Tui.  Antes de facer a recollida, o alumnado de infantil estivo aprendendo cousas sobre Wangari Maathai e o seu movemento activo medioambiental chamado O Cinturón Verde. Coñecimos a súa labor social e experimentamos con diferentes propostas tal e como se pode visualizar no seguinte video.  E ti... tamén queres ser Wangari? Pois adiante!!! Nas clases de infantil así o fixemos. Pero... se é certo! Somos Wangari!!!!!  O alumnado tamén fixo a súa invitación en formato video para compartir coa comunidade educat

TAREFAS ANUAIS DO ÁMBITO EN 3º E 4º DE PRIMARIA 🌳🍂🐾

Imagen
Chegamos  xa ao final deste ano que, dende o ámbito Social e Natural podemos resumir en catro termos: aprendizaxe cooperativa, investigación, análise e comunicación. Ao longo destes tres   trimestres, levamos a cabo un proceso que comezou na nosa contorna e que vai rematar tamén nela. Comezamos observando o noso aredor, reflexionando acerca do que mirabamos. Espertouse en nós a necesidade de cooperar para axudar ao noso medio e contaxiar a máis persoas co desexo de participar.  PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO Desta forma no segundo trimestre aprendimos a distinguir entre desexo e acción e a importancia que a nosa pegada ten no benestar da Terra. Decidimos investigar que papel tiñan os Tudenses nesta situación e realizamos unha enquisa para averiguar que desexos medioambientais teñen e que accións toman al respecto. Para dar exemplo e contaxiar a necesidade dun cambio, decidimos  pasar do desexo á acción e levar a cabo unha recollida de lixo por Tui, ao que todas as familias poderían unirse