ACTÍVA-T TUI! 2º Ed.Primaria

 

No ámbito Natural e Social 🍃 estivemos traballando o activismo social, coñecemos a historia de Greta Thunberg, aprendemos a diferenciar entre desexar e actuar para mellorar o planeta, e fixemos unha enquisa na rúa para coñecer as necesidades de Tui e  pensar que podíamos facer nós para axudar ao planeta 🌏



Observando as fotos que sacamos no primeiro trimeste da contorna,  fíxemonos preguntas sobre a reciclaxe e o lixo que nos atopamos na rúa. Despois elaboramos unha enquisa e saimos á rúa para coñecer a opinión das persoas de Tui sobre a limpezada da vila: É Tui unha cidade limpa? Botas de menos papeleiras nas rúas? Que podemos facer para mellorar? Estarías dispostx a participar nunha recollida de lixo coletiva?... Foron algunhas das preguntas que fixemos 🎤📋



Ao final, tendo en conta o lemo do cole (Pensa globalmente, actúa localmente; xunxs somos máis fortes) decidimos que neste trimestre iamos actuar localmente e comezamos por facelo no noso patio, recollendo lixo e aquelando o noso entorno máis próximo para unha mellor convivencia de todxs. 









Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"