GRAN RECOLLIDA DE LIXO. ACTIVISTAS MEDIOAMBIETAIS

Para dar fin ao noso movemento activo en sí mesmo e unha vez realizadas as video invitacións para a nosa comunidade educativa e para a xente de Tui, levamos a cabo a nosa Gran Recollida de lixo pola cidade. 

Todas as familias e persoas que quixeron colaborar apareceron na hora e día acordados. 

Repartimos as zonas de Tui segundo o grupo de alumnado (por distancia ao centro de menor a maior idade) e abarcamos unha gran cantidade de espazos. 

A iniciativa foi moi especial e tivo moi boa acollida por parte de todxs, polo que é probable que a manteñamos de cara a vindeiros cursos. 

De feito, falando co Concello de Tui e comentándolle a idea, decidiron facer esta proposta con todos os centros educativos da zona e programaron unha xornada de recollida de lixo para todos os coles. Neste ano o noso centro non puidemos participar por mor do acto de graduación do alumnado de 6º de infantil e 6º de primaria. Pero estamos felices de saber que as nosas iniciativas crean acción e que a xente decida unirse!!!! 

Por fin!!! Somos activistas medioambientais!!!!! 💚🙌

Deixamos un video resumo do día da recollida. 







ORGANIZACIÓN DA RECOLLIDA POR ZONAS E CURSOS















Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"