Tarefa 2 Infantil. ACTÍVA-T TUI! O activismo mediomambiental

Nesta derradeira tarefa do ano o alumnado de infantil estivo investigando sobre o activismo medioambiental da man do seu amigo ECOCAN, o can que procura o coidado do planeta Terra e que nos envía Ecoretos para superar. 



Despois de investigar por Tui as especies florais, a fauna e a contaminación existente na nosa contorna. Chegamos á conclusión de que había que actuar, polo que decidimos pasar a acción facendo unha recollida de Lixo masiva coas nosas familias por diferentes puntos de Tui. 

Antes de facer a recollida, o alumnado de infantil estivo aprendendo cousas sobre Wangari Maathai e o seu movemento activo medioambiental chamado O Cinturón Verde. Coñecimos a súa labor social e experimentamos con diferentes propostas tal e como se pode visualizar no seguinte video. 

E ti... tamén queres ser Wangari? Pois adiante!!! Nas clases de infantil así o fixemos. Pero... se é certo! Somos Wangari!!!!! 



O alumnado tamén fixo a súa invitación en formato video para compartir coa comunidade educativa e conseguir que todo o mundo forme parte deste movemento activo!!!! #TUIVERDE 




Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️