TAREFAS ANUAIS DO ÁMBITO EN 3º E 4º DE PRIMARIA 🌳🍂🐾

Chegamos xa ao final deste ano que, dende o ámbito Social e Natural podemos resumir en catro termos: aprendizaxe cooperativa, investigación, análise e comunicación.

Ao longo destes tres trimestres, levamos a cabo un proceso que comezou na nosa contorna e que vai rematar tamén nela. Comezamos observando o noso aredor, reflexionando acerca do que mirabamos. Espertouse en nós a necesidade de cooperar para axudar ao noso medio e contaxiar a máis persoas co desexo de participar. 

Desta forma no segundo trimestre aprendimos a distinguir entre desexo e acción e a importancia que a nosa pegada ten no benestar da Terra. Decidimos investigar que papel tiñan os Tudenses nesta situación e realizamos unha enquisa para averiguar que desexos medioambientais teñen e que accións toman al respecto.

Para dar exemplo e contaxiar a necesidade dun cambio, decidimos pasar do desexo á acción e levar a cabo unha recollida de lixo por Tui, ao que todas as familias poderían unirse.

PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO

Tras todo isto, no terceiro trimestre estabamos preparados para compartir o noso proceso de investigación e aprendizaxe. 

Fixemolo no II CONGRESO ODS do centro, onde presentamos diversas actividades encamiñadas a concienciar e reflexionar sobre a importancia que cada un de nós temos na creación dun cambio global. 

PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO

E así, avanzamos un ano máis confiando en que o noso alumnado nunca olvide que moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo pequenas cousas, PODE CAMBIAR O MUNDO

Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️