“UNHA VIAXE POLO CEO: O CLIMA” - INFANTIL 2024-2025
É unha tarefa que abrangue todos os niveis educativos do ámbito NATURAL SOCIAL convertendo ó alumnado en pequenos e pequenas expertas no coñecemento dos factores do clima e outros aspectos relacionados para comprender o por que da existencia de climas e ecosistemas tan diversos no planeta. Durante este curso, na etapa de educación infantil, afondamos sobre o estudo dos elementos metereolóxicos (neve, vento, choiva, nubes, arco da vella e sol) e os instrumentos que hai para observalos e medilos. Tamén descubrimos as catro estacións do ano, coñecemos distintos tipos de climas (desértico, polar e tropical) e observamos o ciclo da auga. Todas as tarefas que se realizaron ó longo do curso foron lúdicas, manipulativas, experimentais, sensorias e artísticas, a través de rutinas de pensamento, experimentos, xogos cooperativos, contos, cancións, videos explicativos, estacións de aprendizaxe… traballando de forma cooperativa en pequenos grupos, de forma individual e en gran grupo.