PRIMEIRA TAREFA. OBXECTIVO 1: PEQUEGRINOS DO Nº1

Comezamos este novo curso cunha nova tarefa do ámbito natural e social na que os protagonistas foron os ananos do cole (infantil e 1º de primaria). 

O obxectivo da tarefa foi montar a nosa exposición "ExpoCamiño" relacionada co Camiño de Santiago e o seu paso pola nosa cidade. Adentramonos en conceptos relacionados co Camiño e o patrimonio natural e social relacionado co mesmo e coa nosa cidade. O alumnado adquiriu conceptos básicos de primeira man para despois facer as súas creacións e incorporalas á exposición. Para isto, partimos dunha saída á oficina de turismo de Tui para coñecer o traballo dunha guía turística e a modo de motivación inicial. 

Quedou moi bonita e pasamolo xenial. Aqui deixamos o video resumo: 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"