O MONTE ALOIA
Para amar e dar valor o que temos é necesario, coñecelo, aprendelo e descubrir as súas peculiaridades. Tui é un lugar fermoso no que podemos atopar moitas maravillas culturais e artísticas: a nosa catedral e casco histórico, a ponte internacional que nos une co país veciño, o río Miño, o camiño de Santiago, o Monte Aloia.
En segundo de Primaria, seremos expertos do Monte Aloia. Aproximaremonos ao corazón deste parque natural para logo dar a coñecer a todos os visitantes do III Congreso educativo Do Ceip Numero 1 de Tui.
Mira todas as imaxes e vídeos dos tres grupos aquí.
SAIDA A OFICINA DE TURISMO: Despois dunha asamblea nas que pensamos preguntas sobre TUI, visitamos a oficina de turismo e recollemos datos en plantillas para organizar o pensamento.
BUSCA DE TESOUROS DE TUI: En equipos e de forma cooperativa, pusimos a ollada na nosa contorna para atopar (unha planta, o nome dunha rúa, unha matricula e unha escultura) Deixamos reflexados os nosos descubrementos nunha táboa. Tamén preguntamos a xente de Tui sobre cal é o seu lugar favorito.
INVESTIGACIÓN SOBRE O MONTE ALOIA: Despois de escoitar datos sobre o Monte Aloia en vídeos e presentacións; relacionamos imaxes con texto sobre a fauna, flora e historia do Monte Aloia. Despois escribimos a información aprendida en plantillas.
CREACIÓN DUN LAPBOOK: En equipos e de forma cooperativa creamos un lapbook sobre a fauna, flora e historia do Monte Aloia usando as plantillas creadas e outros elementos como sobres, imaxes, textos…
EXPOSICIÓN ORAL: O portavoz de cada equipo explicou ao resto dos compañeiros como foi o proceso de creacion do lapbook xunto coa información aprendida.
XOGO DAS DESCRIPCIÓNS: Un nenx colocase na cabeza unha imaxe relacionada con Monte Aloia (fauna, flora e historia) e facendo preguntas ten que adiviñar quen é. O resto dos compañeirxs so poden axudarlle respondendo si ou non as preguntas.
REPRESENTACIÓN CREATIVA DO MONTE ALOIA: Cada alumnx individualmente elexiu unha representación do Monte Aloia (fauna, flora ou historia) e creou unha escultura, pintura ou creación artística.


Comentarios
Publicar un comentario