A PEGADA DOS COSMÉTICOS.COÑECER PARA TRANSFORMAR.(3º E 4º DE PRIMARIA).
“A pegada dos cosméticos. Coñecer para transformar” é unha tarefa que abarca todo o curso en todos os niveis educativos do ámbito Natural e Social que ten 3 obxectivos principais: - Coñecer o impacto dos cosméticos no medio ambiente. - Buscar solucións para reducir a pegada dos cosméticos no medio ambiente. - Crear cosméticos ecolóxicos e respectuosos co medio ambiente. A tarefa organízase en tres fases, unha para cada trimestre: - No primeiro trimestre investigamos sobre o impacto dos cosméticos no medio ambiente a partir dunha noticia de actualidade. A noticia informa sobre catro aspectos clave: saúde, probas crueis en animais, emisións de CO2 pola produción de envases dun so uso e microplásticos. - No segundo trimestre, buscamos boas prácticas e expertas e/ou expert...