🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️

Despois de explorar os ecosistemas da nosa contorna no primeiro trimestre e ver a contaminación que había en todos eles, en 5º e 6º de educación primaria decidimos poñernos máns a obra. 🙌🏼

Ao comezar esta segunda tarefa do ámbito, chegamos á aula e atopamos lixo! Ao principio, sorprendeunos e incluso algúns de nós ao principio non sabiamos que facer. Finalmente, en equipos recollemos todo e o separamos nos diferentes contenedores co fin de reciclar... e foi nese momento cando descubrimos algunhas cousas que descoñeciamos ata entón, como que os envases dos medicamentos deben levarse á farmacia (o punto Sigre)!



En círculo, reflexionamos sobre a relación do que acababamos de vivir na aula e o que acontecía en Tui, o que observamos na primeira tarefa, e así foi como nos puxemos en acción. 

O primeiro paso que demos foi crear enquisas para coñecer os hábitos dos nosos veciños e veciñas, así como as súas preocupacións respecto ao medioambiente 🌳. E, como somos ben curiosos e curiosas, decidimos dar un paso máis e saír ás rúas na procura de información de primeira man. Así, convertémonos en periodistas por un día e gravamos o noso propio 🎥 "Equipo de investigación"! 🔎


Máis tarde, analizamos os datos das enquisas, creamos gráficos e mesmo elaboramos un informe! 📊

Desta forma, recopilamos toda a información que recollemos no proceso e extraímos as nosas conclusións. Queredes saber o que atopamos? A continuación deixámosvos algunhas mostras.


Coñecer o que estaba a acontecer na nosa contorna e non facer nada ao respecto non era unha opción, así que puxémonos mans á obra. Escribimos instancias ao Concello e mesmo á Xunta de Galicia, co fin de dar difusión ás nosas e investigacións e converternos en activistas! Como? Invitando a tod@s a participar nunha gran recollida de lixo durante o terceiro trimestre. ♻️🤝



Pensamos globalmente... e actuamos localmente! 

Xunt@s, somos máis fortes!!! 💪🏻



Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´