Alumnado de 1º facendo camisetas sostibles

O alumnado de 1º de primaria estivo traballando no activamo medioambiental acerca de diferentes referentes que marcaron un antes e un despois nas súas accións de coidado do planeta, como son: Greta Thunberg ou Wangari Maathai. 

Unha vez investigaron pensaron en deseñar camisetas para levar no día do movemento: campaña de recollida de lixo. 

O alumnado deseñou os seus propios logos sostibles e de coidado do planeta e despois trouxo camisetas vellas que tiñan por casa para recrear eses logos e levar as camisetas o día da recollida. 

Ademais, enviamos unha nota ás familias para que trouxeran camisetas para o día do Congreso e así puideran tamén estampar as camisetas e lévalas tamén o día da recollida. 

Foi xenial! 














Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"