TAREFA 2. ACTIVA-T TUI. PRIMEIRO PRIMARIA

      TAREFA 2 - ACTÍVA-T TUI


Dos desexos a acción!!

Despois da observación e reflexión sobre a nosa cidade na primeira tarefa deste ámbito, chegou o momento de convertir os nosos desexos por ter unha cidade mellor, en accións reais que axuden a conseguilo. Nesta tarefa reflexionamos sobre o problema dos residuos e convocamos a todas as familias e comunidade de Tui a axudarnos para A GRAN RECOLLIDA DE LIXO

  1. CÍRCULO de presentación: Expresamos as nosas opinións e coñecémonos a través destas preguntas… Se fose una animal sería…? A miña película favorita é….? Algo que me gustaria mellorar é…? Vivo con…


  1. CAIXA MISTERIOSA.  Unha caixa sorpresa que en cada sesión ten algo dentro para provocar a curiosidade e a mente crítica dos nenos/as


  1. DESEXOS E ACCIÓNS. Reflexión sobre como podemos ter desexos pero iso non ten por qué implicar cambios. Leemos e clasificamos desexos e accións. Lógo escribímolas e debuxamos nas pezas dun quebracabezas para finalmente unilo todos xuntos.




  1. WANGARI MAATHAI. Coñecemos a historia de Wangari e identificámola como unha muller activista


  1. ENQUISAS. Xuntamos palabras para formar frases que preguntaremos nas enquisas as familias para recompliar datos sobre a xestión dos residuos. Grabamos en audio as preguntas para crear códigos QR e facelas mais accesibles a todas as persoas.


  1. ESTRUCTURA COOPERATIVA. FOLIO XIRATORIO. Reflexionamos sobre que vemos, pensamos en como imos actuar para levar a cabo unha acción activista. Decidimos facer unha GRAN RECOLLIDA DE LIXO entre toda a comunidade educativa


  1. VIDEO - INVITACIÓN.  Grabamos en vídeo as ideas xerais da nosa investigación para invitar as familias a participar na GRAN RECOLLIDA DE LIXO


  1. INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS.  Xogamos creativamente con elementos naturais para gozar dos tesouros que ofrece a natureza.


PODES MIRAR TODAS AS IMAXES E VÍDEOS DA TAREFA AQUÍ



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"