TAREFA 1 INFANTIL. E TI COÑECES TUI?

Pois aqui estamos de novo cunha nova tarefa do ámbito Natural e social dxs anaxs de infantil. 

Neste curso atopámonos outra vez inmersos no programa Escola Verde do Plan Proxecta da Consellería de Educación. 

Esta tarefa deu comezo da man de Ecocan, un personaxe que nos enviará diferentes #Ecoretos a completar para chegar a ser activistas medioambientais ao final de curso. 



O Obxectivo que perseguemos nesta tarefa foi que o alumnado fora consciente das necesidades existentes na súa cidade con respecto ao medio natural (flora, fauna) e o medio urbano (contaminación). Para isto, convertéronse en fotógrafos e fotógrafas e saimos pola nosa cidade en busca de imaxes que nos axudaran a entender mellor a situación de partida e o que está acontecendo na nosa vila. 

Os resultados non foron os esperados, xa que ningúen contaba que houbera tanta contaminación. Deste xeito, decidimos que Tui precisa un cambio e que nós imos ser parte dese cambio: "Pensando globalmente e actuando localmente". Imos a actuar na nosa cidade de maneira que consigamos facer un movemento activo relacionado co coidado medioambiental. Xa vos seguiremos contando xa!!!!

O alumnado tamén investigou nos libros e buscamos información relevante antes da saída, así coma en diferentes soportes (imaxes, ipads...). Podedes consultar os seguintes links se queredes ver a información en formato dixital, a cal tamén consultou o alumnado nas aulas: 

https://www.thinglink.com/scene/1506407660289785858 FAUNA DE TUI

https://www.thinglink.com/scene/1506406367416549378 FLORA DE TUI

https://www.thinglink.com/scene/1506406964614135809 CONTAMINACIÓN EN TUI


Por outra banda tamén desfrutamos de actividades sensoriais, sendo conscientes de que o ser humano para vivir precisa moitas cousas do medio. Traballamos en catro estacións: Escoito, Vexo e probo, Toco e por último, Cheiro. Na seguinte entrada do instagram do cole pódense consultar algunhas fotografías: 

https://www.instagram.com/p/CWdnRF3MgPs/?utm_medium=copy_link 

Por último preparamos a nosa exposición e colgamos as fotografías polo cole adiante. 

Aquí deixamos un mini video resumo das actividades realizadas polo alumnado de infantil durante este primeiro trimestre: 


Ao remate da tarefa a clase azul recibiu un video de noraboa de parte de Ecocan 😛😉😉



Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️