TAREFA 1. E TI, COÑECES TUI? PRIMEIRO DE PRIMARIA

Chegou o momento de pasar a acción!!

Despois de afondar nas ODS o curso pasado, comprendemos que o noso planeta necesita de axuda e temos que pensar e reflexionar xuntos como imos formar parte deste cambio.

Durante este curso no ámbito NATURAL-SOCIAL convertirémonos en activistas medioambientais. Creemos que as palabras e pensamentos non son sufcientes e queremos pasar a acción cun movemento global que aporte algo positivo o noso planeta. 


Co noso lema, PENSA GLOBALMENTE E ACTÚA LOCALMENTE, imos comezar a nosa andaina...

Nesta primeira tarefa do ámbito, a nosa intención e observar a nosa contorna e recoñecer necesidades e perigos. Temos a gran sorte de vivir nun lugar precioso con moita conexión co mundo natural, pero...

Como é a nosa realidade?

Que podemos facer para mellorar os nosos hábitos?

Hai algunha urxencia que debamos atender?

Para dar resposta a estas e outras preguntas organizamos a nosa tarefa nos seguintes pasos: 


E TI, COÑECES TUI?


DIA 1

CÍRCULO
: Que pasaría se unha nube negra estivera sempre no ceo da nosa cidade? “Que necesitamos as personas para vivir? Daremos resposta a esta cuestión en gran grupo. 
 
 


CONTO: Lectura do conto "Rana de tres ojos" de Olga de Dios. Con esta lectura podemos reflexionar xuntos sobre a importancia do consumo consciente e do problema dos residuos no planeta. 
 



Que imos facer con tanto lixo?

Porque necesitamos tantas cousas novas?

Que ideas se nos ocorren para facer coas cousas que xa non queremos?



RUTINA DE PENSAMENTO. Vexo, penso, pregúntome con imaxes do conto. Eleximos unha imaxe do conto e xuntos dámonos conta dos nosos pensamentos: que vexo, que penso e que me pregunto?
 



FOLIO XIRATORIO

Facer un debuxo do conto en equipo nun A3. Cada nenx conta con 2 minutos para realizar a súa aportación. O tempo medirase cun cronómetro. Os compañeirxs teñen que axudar, animar, correxir e aportar ideas ao nenx que está realizando a tarefa
 
 

 
AVALIACIÓN. O final de cada sesión facemos unha reflexión conxunta en gran grupo.

  • Fomos quen de rematar o traballo?
  • Que gústounos do traballo en equipo?
  • Que podemos mellorar para traballar mellor?

DIA 2


CÍRCULO: Que pasaría se desapareceran todas as cores da nosa paisaxe?
 
 


DETECTIVES DA NATUREZA: SOMOS DETECTIVES MEDIOAMBIENTAIS. Imos saír de ruta pola nosa contorna para fotografar a nosa fauna, flora e contaminación.
Cómo poderíamos mellorar a nosa cidade?
 
 


DIA 3


CÍRCULO: Que pasaría se todas as persoas tiraran os seus residuos polas ventás da casa?


VIDEO


CONCLUSIÓNS SAIDA (en gran grupo)

Cada equipo explica as conclusións as que chegaron despois da visita. Xuntos creamos un mapa mental coas nosas ideas. Visualizaremos en gran grupo as fotografías que tomamos na saída xa impresas e comentaremos as súas impresións e as cousas que identifican agora que ao mellor non identificaron anteriormente durante a visita. 
 

 
 


PREPARAMOS A EXPOSICIÓN. Cada equipo elixe as fotografías mais representativas relacionadas coa a temática do seu equipo de Detectives. Unha vez seleccionadas terán que poñer un nome/titular e as colorán sobre unha cartulina. EStas fotografías estarán expostas na escola.
 



RUTINA PENSAMENTO: Causas e efectos dun suceso. En equipo imos escribir e debuxar as causas e consecuencias destes sucesos: un animal ferido, un incendio e unha mascarilla tirada no chan.
 
 


DIA 4

CÍRCULO: Xogo "Y la vida es buena!!"... Explicamos algo que nos molesta e logo dicimos….E a vida é boa!!!


ESTACIÓNS SENSORIAIS. Expoñeremos diferentes materiais do medio natural para que o alumnado sinta, toque, ula, observe ou cheire. O rematar o circuito faremos unha posta en común acerca do ben que nos sentimos cando estamos en contacto coa natureza e os elementos que esta nos proporciona ao ser humano. Cada equipo realiza un taller e cambia de mesa.

  1. ESTACIÓN 1: TOCO. Cos ollos tapados tocaremos diferentes bandexas con elementos naturais (pedras, auga, paus, follas, landras…)
  2. ESTACIÓN 2: CHEIRO. Haberá distintos frascos con materiais coma romero, lavanda, menta limón, canela… terán unhas tarxetas con imaxes cas cales poderán xogar a asociair o cheiro coas mesmas.ESCOITO: Cos ollos tapados relaciono botes que teñen os mesmos sons.
  3. ESTACIÓN 3. VEXO: Separo sementes con atención e concentración.
 
 
Esta primeira tarefa do ámbito natural-social é un comezo, unha proposta de intencións. Despertar a nosa curiosidade e sentido crítico é clave para ser cidadáns activos. Veremos como sigue a nosa andaina no seguinte trimestre....
 
Podes mirar todas a imaxes de cada grupo nas seguintes ligazóns: 
 
Para mirar as FOTOS GRUPO 1 pincha AQUÍ.
Para mirar as FOTOS GRUPO 2 pincha AQUÍ.
Para mirar as FOTOS GRUPO 3 pincha AQUÍ. 











Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️