RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´


AS SEMENTES (Despegando pero cos pes na terra)🌱

Durante este primeiro trimestre e co fin de elaborar unha guía de boas prácticas para o horto ecolóxico, o alumnado de 1º e 2º de primaria, investigou arreo sobre as sementes. Leváron a cabo moitas tarefas, todas elas mediante traballo en equipos e aprendizaxe cooperativo, polo que a continuación presentase un pequeno resumo das mesmas:

Primeiro buscaron as pistas que lles deixou un marciano no horto da escola sobre a tarefa que tiñan asignada no ámbito e alí atoparon unhas cartolinas que recollían a mensaxe: ¿Como nace unha planta? 




A esa pregunta deron resposta, dialogando entre os membros dos equipos e recollendo os seus coñecementos previos mediante debuxos e palabras nun folio.


A través de vídeos, libros e contos, indagaron sobre a xerminación, as partes dunha planta, o que precisan estas para vivir, e foron expresando todo o que ían aprendendo en diversos soportes e expoñendo os mesmos ante o grupo.

Descubriron que cada planta debe ser sementada nunha estación do ano e tocoulles atopar coa axuda das familias, propiedades, beneficios e datos sobre a menta, xa que era a planta que logo ían sementar. Foi un aprendizaxe totalmente sensorial xa que non só trouxeron información senón tamén esencias para ulir, caramelos e goma de mascar, infusións e mesmo a propia planta para tocala e observala.

Por último cada un/unha plantou a sua semente de menta e agora tocalles coidala con moito amor, auga e luz para que poida florecer.










Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️