Despois de explorar os ecosistemas da nosa contorna no primeiro trimestre e ver a contaminación que había en todos eles, en 5º e 6º de educación primaria decidimos poñernos máns a obra. 🙌🏼 Ao comezar esta segunda tarefa do ámbito, chegamos á aula e atopamos lixo! Ao principio, sorprendeunos e incluso algúns de nós ao principio non sabiamos que facer. Finalmente, en equipos recollemos todo e o separamos nos diferentes contenedores co fin de reciclar... e foi nese momento cando descubrimos algunhas cousas que descoñeciamos ata entón, como que os envases dos medicamentos deben levarse á farmacia (o punto Sigre)! En círculo, reflexionamos sobre a relación do que acababamos de vivir na aula e o que acontecía en Tui, o que observamos na primeira tarefa, e así foi como nos puxemos en acción. O primeiro paso que demos foi crear enquisas para coñecer os hábitos dos nosos veciños e veciñas, así como as súas preocupacións respecto ao medioambiente 🌳. E, como somos ben curiosos e curiosas, dec
Comentarios
Publicar un comentario