Terceira tarefa do ámbito social e natural e consello dos nenos

REMATA ESTE ANO E DESPEDIMONOS DENDE O ÁMBITO NATURAL E SOCIAL

  Durante o terceiro trimestre no ámbito natural e social, o alumnado de 1º e 2º continuou afondado no coidado do medio ambiente pero neste caso poñendo o foco de atención nos obxectivos de desenvolvemento sostible 3, ``saúde e benestar´´ e o 6 ``auga limpa e saneamento´´ mediante actividades como as seguintes:

1. visita e charla de Ramiro, traballador da EDAR de Guillarei

Nesta visita os nen@s puideron coñecer como se traballa na potabilizadora, como se fai un filtro de auga e qa cantidade de cloro que podemos atopar na mesma mediante experimentos e mesmo coñecer as rás que habitan na EDAR.

     

2. Entrega de carnets de científic@s e comezo da tarefa 

Cada neno recibiu un carnet persoalizado de científicos e comezaron a investigar sobre a auga de TUi. Fixemos unha saida para recoller mostras, observamola, xeraron un filtro caseiro para potabilizala 










3. Buscaron e aprenderon moitas novas e datos sobre a escaseza da auga potable no planeta e os  habitos para o coidado medio ámbiente.









4. Observaron que hai vida nas nosas mans ``Os microorganismos´´ a través dun experimento co pan de molde e polo tanto decataronse da importancia de lavarse as mesmas. 













5. CHEGOU O GRAN DÍA ``O CONSELLO D@S NEN@S´´
@s nosos científicos, pasaron a ser expertos e ensinaronlles as familias durante 4 días, todo cantos coñecementos teñen sobre o ámbito social e natural, reproduciendo diversos experimentos, dando pequenas charlas e aprendendo así un@s de outr@s.





Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️