AUGA É VIDA


Terceira tarefa do AMBITO SOCIAL E NATURAL para 3º e 4º EP!!

Sabemos moito do ciclo da auga....pero do CICLO DAS AUGAS RESIDUAIS??

Da man de Ramiro nos adentramos nunha depuradora para saber como devolver vida á auga.

Pero, para non mandar tanta auga a depuradora...Como podemos aforrar auga limpa no ceip nº1 ?

Investigamos o gasto de auga para facer papel, e resultou ser o PAPEL RECICLADO o máis SOSTIBLE!

Aprendemos a facelo: manipulamos, sistematizamos o proceso e tamén solicitamos que o cole use papel reciclado.

E para regar o horto?...que mellor que poñer un RECOLECTOR DE AUGA DA CHUVIA. Buscamos ideas  e fixemos e melloramos a maqueta en equipos cooperativos, pero sobre todo, o fixemos REALIDADE coa axuda das familias!! Grazas!!!

Que mellor forma de celebrar a VIDA que facendo os nosos ANIVERSARIOS MÁIS SAUDABLES. Apuntádevos as nosas propostas!!

Aquí vai unha pequena mostra do noso traballo!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

CÁPSULA DO TEMPO CON MENSAXES SOSTIBLES!!

“UNHA VIAXE POLO CEO: O CLIMA” - INFANTIL 2024-2025

#EXPO-CAMIÑO NO COLE (infantil e primeiro)