CAPSULAS SOSTIBLES !! REMATA A SEGUNDA TAREFA DO ÁMBITO NATURAL E SOCIAL !!


Durante este trimestre, o alumnado de 1º e 2º de EP afondou dende o ámbito natural e social, nos bos e malos hábitos para o coidado e a sostibilidade do noso planeta co fin de encher dende o centro unha cápsula do tempo na que recolleron mensaxes con consellos sobre emprego dos nosos bens e o coidado do contorno para os estudantes do futuro!!. A continuación recóllense algunhas das actividades que levaron a cabo:


👉DETECTIVES NA CASA E DETECTIVES NA ESCOLA

Durante o Nadal, recibiron unha mensaxe do seu amigo o extraterrestre no que lles daba instrución para comezar a segunda misión do ámbito e no que lles pedía facer de ``detectives pola casa´´, recollendo probas a través de fotos de malas prácticas de cara ao coidado do medio ambiente. A volta das vacacións analizaron na clase as fotografías que tomaron e as accións que nelas se representaba, sacando as súas conclusións sobre as mesmas.

Como creemos que o aprendizaxe debe ter lugar a través da experimentación e no entorno mais próximo, entregámoslles unhas insignias de detectives e coas tablets e as carpeta de notas nas mans, foron en equipos polas diferentes zonas da escola para comprobar e recoller probas de  practicas non sostibles que se leven a cabo polos mestres e o alumnado !! Tras analizar os feitos observados, elaboraron carteis para sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia de coidar o planeta!!

 


👉 AS MALAS NOVAS 

 Investigaron e leron noticias de prensa relacionadas coa contaminación da auga en rios e no mar, concretamente unha versaba sobre como chegou fai anos a contaminación ao Penedo, zona frecuentada habitualmente por eles/as e a outra sobre o Prestixe e tamén leron  o conto ``Ra de tres ollos´´.


 👉EXPERIMENTOS 

Fixeron de científicos e levaron a cabo dous experimentos: Un sobre á contaminación de petróleo no océano e o outro sobre o consumo da auga nos que tiveron que razoar e explicar o proceso experimentado e polo tanto traballar en equipo, facer estimacións e operacións matemáticas e recoller datos.

``A contaminación no oceano´´











👉 ENCHERON A CÁPSULA COS MENSAXES SOSTIBLES E LOGO ENTERRARONA NA PARCELA DO CENTRO!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️