En 3º e 4º traballamos na ASOCIACIÓN DE PLANTAS e a ROTACIÓN DE CULTIVOS


Partimos dun VEXO, PENSO, PREGÚNTOME sobre a situación de deterioro do planeta Terra ...

Un marciano  visita a horta do cole e pregúntanos: Poden as plantas axudar ao planeta terra?...

Para contestala, activamos os nosos coñecementos previos cun CÍRCULO

Iniciamos unha investigación cun XOGO DE PISTAS pola horta e así descubrimos as plantas que temos e por que algunhas están xuntas e outras non...

Visionamos vídeos de hortos ecolóxicos, as súas características, as asociacións de plantas coñecidas e a rotación de cultivos. Fixemos estruturas cooperativas de FOLIO XIRATORIO para compartir información, LECTURA COMPARTIDA, dos beneficios da asociación de cultivos e plasmamos a información obtida en ORGANIZADORES GRÁFICOS. Tamén elaboramos para a GUÍA de forma gráfica e con audio, as plantas que obteñen beneficio se se plantan xuntas e as que non...

Por último saímos ao patio e fixemos un exemplo de rotación de cultivos para descubrir os beneficios destes tipos de plantacións para o noso planeta.

Aquí compartimos con vós o noso traballo!








Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"