CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"

Hoxe por fin temos o pracer de compartir con vós o primeiro produto final que saiu do noso alumnado no ámbito natural e social: o noso caderno de campo. Este caderno foi elaborado por todo o alumnado do cole. En infantil aportaron información en gravacións de voz (tedes que buscar nas imaxes do caderno para facer clic e escoitar aos peques de infantil). En primeiro e segundo de primaria fixeron as súas gravacións de video explicando curiosidades sobre as especies investigadas (facede clic nas subportadas para cada especie e podedes ver os videos). En terceiro e cuarto tiveron que investigar e despois transformar esas investigacións a pictogramas (queríamos elaborar un caderno que poida ser accesible á todas as persoas). Por último, o alumnado de quinto e sexto elaborou o formato do caderno de campo incluíndo información visual e escrita.
Así, entre todos e todas quedounos este caderno tan chulo que podedes contemplar no seguinte link: FACEDE CLIC!

https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/cuaderno_de_campo_final_en_pdf


Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️