Aquí deixamos unha mostra do resultado final da exposición #Expo-Camiño dxs ananxs do cole (infantil e primeiro). Investigamos da artesanía de Galicia e personaxes relevantes neste sentido para facer as nosas propias creacións con pasta de modelar relacionadas co Camiño de Santiago, ademais de facer fotos pola nosa cidade con símbolos do Camiño que fomos atopando nunha saída que fixemos.
Comenza a conta atrás para a apertura da CÁPSULA do tempo no ano 2028, coas MENSAXES SOSTIBLES!! O alumnado de 3º e 4º de Primaria traballaron, na 2ª tarefa do ámbito social e natural, no recurso limitado que precisamos para vivir :A AUGA !! Aquí vai unha pequena mostra de todo o recorrido feito por tod@s elas ata chegar as mensaxes á cápsula e a cidadanía de Tui, para convidarnos a tod@s a seguilos no compromiso.
O alumnado de infantil estivo traballando na creación das súas mensaxes nestes días para concienciar e sensibilizar á xente de Tui e para enviar ao futuro na nosa cápsula do tempo que estamos realizando entre todo o cole. Esta cápsula ten unha data de apertura de cara ao ano 2028!!! Haberá que esperar ata entonces... Aquí vos deixamos o video que enviamos nas cartas e introducimos na cápsula do tempo en forma de código QR.
Comentarios
Publicar un comentario