PRODUTO FINAL DA TAREFA SOBRE A COMPOSTAXE (ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA)

Nesta tarefa todos os nenos e nenas do cole (dende infantil ata primaria) estivemos a traballar no ámbito natural e social aspectos sobre o compostaxe. Todo isto tiña un sentido conectado cun mesmo traballo e obxectivo común: crear a nosa guía para compostar ben do CEIP Nº1 de Tui.



Para lograr isto, repartimos o traballo e cada grupo de ámbitos participou dun xeito diferente aínda que traballando nun mesmo produto final:  A GUÍA. Os nen@s de infantil participaron na guía incorporando as súas voces mediante a gravación de audios sobre as cousas que sí que podemos botar no compost e as cousas que non. Nos cursos de 1º e 2º de primaria elaboraron os debuxos que aparecen no produto final e investigaron en pequenos grupos. O alumnado de 3º e 4º de primaria elaborou diferentes vídeos que introducimos na guía en forma de códigos QR para que poidades ver os pasos a seguir nos diferentes procesos que precisa a compostaxe. Por último, nos cursos dos maiores do cole, 5º e 6º, traballaron no formato da guía e nos textos que podedes observar nos seguintes enlaces facendo clic: 


GUÍA RÁPIDA PARA COMPOSTAR BEN: ALUMNADO DO CEIP Nº1 DE TUI




Agora, o que nos queda todavía pendente é presentar esta guía no Concello de Tui para que poida estar dispoñible para os veciños e veciñas da zona, así quen queira comezar a compostar pode ter unhas pequenas indicacións para facelo e será moito mais doado! 

Sabías que en Tui hai 6 composteiros municipais? Deixamos a ubicación por se queredes comezar a reciclar dende casa os vosos residuos orgánicos. ENTRE TOD@S É POSIBLE!

https://goo.gl/maps/HYFVEPmk8XQYfdDb8


Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️