TERCEIRA TAREFA INFANTIL: "GUÍA PARA COMPOSTAR BEN"

HOLA DE NOVO! 
Nesta terceira tarefa estivemos traballando sobre a compostaxe. 
En primeiro lugar, partimomos da imaxe do noso composteiro do cole para indagar sobre as ideas previas dos nenos e nenas facendo preguntas do estilo: "Sabes que é iso que aparece na foto?", "Tes idea de para que serve", Que cres que hai dentro?" 
Unha vez que falamos, procedemos a saír ao patio na  procura do composteiro. Atopámolo e fixemos unha foto ademais de observar que había dentro e de coller unha mostra de compost para levar á aula e observar cos microscopios e lupas. Estade tranquil@s que puxemos unhas luvas! Por suposto! :)
Tamén contamos un conto sobre o compost e coñecimos a Rufo, Pedro e Coco, uns bichos que viven dentro dos restos da comida. A partir do conto investigamos outros bichos como son as cochinillas, os caracois, as lesmas, bacterias... Organismos vivos dentro do compost! 
Para rematar, fixemos os nosos propios sementeiros plantando feixóns. Así darémoslle vida á horta do cole! 
Pásamolo xenial!!!!! Aquí vos queda o video para que podades contemplar un pouco todo o que fixemos. 
Ata a próxima!



Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️