SEGUNDA TAREFA INFANTIL: "RECICLA TUI?"

Nesta segunda tarefa o alumnado de infantil estivo traballando acerca da reciclaxe en Tui e no seu ámbito familiar. Para iso, fixemos unha enquisa a veciñ@s e familiares ou coñecid@s da contorna. Despois, analizamos os resultados en gran grupo cunhas gráficas que completamos pintando con cores, contando e manipulando cubos mathlink. 
Lemos un conto sobre as posibilidades que teñen os materiais que se inclúen en diferentes contenedores de lixo se respectamos a tarefa de reciclar e ademais, tamén xogamos a buscar posibilidades de uso con caixas de cartón (transmitindo no alumnado a idea de que poden construir o que se propoñan e que o cartón ten moitos usos). 
Grabamos ideas sobre a reciclaxe e aprendemos ou recordamos as diferentes cores dos cubos que existen.

E ti, atréveste a deixar a túa pegada para cambiar o mundo? 


Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️