Comenza a conta atrás para a apertura da CÁPSULA do tempo no ano 2028, coas MENSAXES SOSTIBLES!! O alumnado de 3º e 4º de Primaria traballaron, na 2ª tarefa do ámbito social e natural, no recurso limitado que precisamos para vivir :A AUGA !! Aquí vai unha pequena mostra de todo o recorrido feito por tod@s elas ata chegar as mensaxes á cápsula e a cidadanía de Tui, para convidarnos a tod@s a seguilos no compromiso.
É unha tarefa que abrangue todos os niveis educativos do ámbito NATURAL SOCIAL convertendo ó alumnado en pequenos e pequenas expertas no coñecemento dos factores do clima e outros aspectos relacionados para comprender o por que da existencia de climas e ecosistemas tan diversos no planeta. Durante este curso, na etapa de educación infantil, afondamos sobre o estudo dos elementos metereolóxicos (neve, vento, choiva, nubes, arco da vella e sol) e os instrumentos que hai para observalos e medilos. Tamén descubrimos as catro estacións do ano, coñecemos distintos tipos de climas (desértico, polar e tropical) e observamos o ciclo da auga. Todas as tarefas que se realizaron ó longo do curso foron lúdicas, manipulativas, experimentais, sensorias e artísticas, a través de rutinas de pensamento, experimentos, xogos cooperativos, contos, cancións, videos explicativos, estacións de aprendizaxe… traballando de forma cooperativa en pequenos grupos, de forma individual e en gran grupo.
Aquí deixamos unha mostra do resultado final da exposición #Expo-Camiño dxs ananxs do cole (infantil e primeiro). Investigamos da artesanía de Galicia e personaxes relevantes neste sentido para facer as nosas propias creacións con pasta de modelar relacionadas co Camiño de Santiago, ademais de facer fotos pola nosa cidade con símbolos do Camiño que fomos atopando nunha saída que fixemos.
Comentarios
Publicar un comentario