SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)
Na segunda tarefa do ámbito o alumnado de infantil e primeiro de primaria continuamos investigando sobre o Camiño de Santiago e o seu paso pola nosa cidade: Tui. Descubrimos que en Tui hai moitos albergues para peregrinos e visitamos Ideas Peregrinas Link á web do Albergue Aqui nos recibiu Silvana, mamá do cole, quen nos ensinou cada recuncho do albergue e nos explicou con detalle a vida do peregrino cando está no albergue. No ámbito natural e social tamén aprendemos a importancia do descanso para os peregrinos así coma da alimentación saudable. Por iso tamén fixemos un almorzo peregrino na clase. Todo isto e moito máis no video que vos deixamos a continuación:
Comentarios
Publicar un comentario