COHESIÓN DE GRUPO E CONSTITUCIÓN DE EQUIPOS.

Antes de comezar a traballar nas tarefas dos diferentes ámbitos dedicamos tres sesións para coñecernos e falar da importancia do traballo en equipo.

SESIÓN 1: 

Dinámica "A Pelota" . Nome + Talento. Os nen@s van pasando a pelota no sentido das agullas do reloxio e responden a pregunta. Obxectivo: Coñecemento mutuo.


Xogo : Cruzar O Río. Trátase dun xogo que nos leva a reflexionar sobre a importancia das responsabilidades en grupo  e valorar a importancia do traballo cooperativo.


SESIÓN 2: 

Constitución de Equipos.Utilizamos a Estructura Cooperativa A Diana.



Unha vez cuberta a Diana deben buscar un nome para o seu equipo e poñerse de acordo tendo en conta as respostas de todos os membros 


SESIÓN 3:

Reflexión e posta en común despois de escoitar o Conto do carpinteiro.



É sinxelo atopar defectos nos demáis ,isto pode facelo calquera,  pero atopar cualidades e talentos isto é de sabios.

Repartimos os Cadernos de Equipos e adxudicamos cargos  e compromisos  para as catro primeiras semanas.






Comentarios

Entradas populares de este blog

SEGUNDA TAREFA: OBXECTIVO PEQUEGRINOS DO Nº1 (infantil e primeiro)

RESUMO DAS TAREFAS LEVADAS A CABO POLO ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P, VINCULADAS Á ELABORACIÓN DUNHA GUÍA PARA O HORTO ECOLÓXICO´´

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️