QUE FAREMOS? Principais obxectivos do ámbito Natural e Social

BENVID@S!
Con este obradoiro poremos en funcionamento atitudes e valores como: o respecto ás normas de convivencia; o exercicio activo da cidadanía; o desenvolvemento dun espírito crítico; o respecto aos dereitos humanos e o pluralismo; a concepción do diálogo como ferramenta primordial para a convivencia, a resolución de conflitos e o desenvolvemento das capacidades afectivas en todos os ámbitos; unha actitude de curiosidade, interese e creatividade cara á concienciación das problemáticas mundiais.
A sostenibilidade será a nosa meta máis importante, reflexionaremos con sentido crítico sobre a nosa maneira de vivir, estar, consumir e na súa relación cos riscos medioambientais.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Primeira tarefa infantil: Despegando aínda que cos pés na Terra...

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"