Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

PRIMEIRA TAREFA. OBXECTIVO 1: PEQUEGRINOS DO Nº1

Imagen
Comezamos este novo curso cunha nova tarefa do ámbito natural e social na que os protagonistas foron os ananos do cole (infantil e 1º de primaria).  O obxectivo da tarefa foi montar a nosa exposición "ExpoCamiño" relacionada co Camiño de Santiago e o seu paso pola nosa cidade. Adentramonos en conceptos relacionados co Camiño e o patrimonio natural e social relacionado co mesmo e coa nosa cidade. O alumnado adquiriu conceptos básicos de primeira man para despois facer as súas creacións e incorporalas á exposición. Para isto, partimos dunha saída á oficina de turismo de Tui para coñecer o traballo dunha guía turística e a modo de motivación inicial.  Quedou moi bonita e pasamolo xenial. Aqui deixamos o video resumo: 

O MONTE ALOIA

Imagen
Para amar e dar valor o que temos é necesario, coñecelo, aprendelo e descubrir as súas peculiaridades. Tui é un lugar fermoso no que podemos atopar moitas maravillas culturais e artísticas: a nosa catedral e casco histórico, a ponte internacional que nos une co país veciño, o río Miño, o camiño de Santiago, o Monte Aloia.    En segundo de Primaria, seremos expertos do Monte Aloia. Aproximaremonos ao corazón deste parque natural para logo dar a coñecer a todos os visitantes do III Congreso educativo Do Ceip Numero 1 de Tui. Mira todas as imaxes e vídeos dos tres grupos aquí .  SAIDA A OFICINA DE TURISMO: Despois dunha asamblea nas que pensamos preguntas sobre TUI, visitamos a oficina de turismo e recollemos datos en plantillas para organizar o pensamento. BUSCA DE TESOUROS DE TUI: En equipos e de forma cooperativa, pusimos a ollada na nosa contorna para atopar (unha planta, o nome dunha rúa, unha matricula e unha escultura) Deixamos reflexados os nosos descubrementos nunha táboa. Tam