Entradas

Mostrando entradas de julio, 2022

Alumnado de 1º facendo camisetas sostibles

Imagen
O alumnado de 1º de primaria estivo traballando no activamo medioambiental acerca de diferentes referentes que marcaron un antes e un despois nas súas accións de coidado do planeta, como son: Greta Thunberg ou Wangari Maathai.  Unha vez investigaron pensaron en deseñar camisetas para levar no día do movemento: campaña de recollida de lixo.  O alumnado deseñou os seus propios logos sostibles e de coidado do planeta e despois trouxo camisetas vellas que tiñan por casa para recrear eses logos e levar as camisetas o día da recollida.  Ademais, enviamos unha nota ás familias para que trouxeran camisetas para o día do Congreso e así puideran tamén estampar as camisetas e lévalas tamén o día da recollida.  Foi xenial! 

♻️ Sabías que existen 7R? (5º e 6º EP)

Imagen
En 5º e 6º continuamos buscando formas de contribuír á mellora da nosa contorna e ao coidado do medioambiente. E nesa procura, no terceiro trimestre descubrimos que existían non 3R... senón 7! 7️⃣♻️ Nesta tarefa estivemos traballando en estacións de aprendizaxe e, sen sabelo, puxemos en práctica cada unha destas accións. Así, á través da experiencia, coñecimos máis accións que nos axudan a acadar os ODS e, por tanto, un desenvolvemento sostible. Aplicando estes sete consellos, creamos ecoinventos que mostramos a toda a comunidade educativa durante o II Congreso dos ODS. Chegamos a construír ata unha casiña para paxaros que, canda o "hotel de bichos", pasará a formar parte do noso cole!

🎥 Equipo de investigación (5º e 6º): ACTÍVA-T TUI! ♻️

Imagen
Despois de explorar os ecosistemas da nosa contorna no primeiro trimestre e ver a contaminación que había en todos eles, en 5º e 6º de educación primaria decidimos poñernos máns a obra. 🙌🏼 Ao comezar esta segunda tarefa do ámbito, chegamos á aula e atopamos lixo! Ao principio, sorprendeunos e incluso algúns de nós ao principio non sabiamos que facer. Finalmente, en equipos recollemos todo e o separamos nos diferentes contenedores co fin de reciclar... e foi nese momento cando descubrimos algunhas cousas que descoñeciamos ata entón, como que os envases dos medicamentos deben levarse á farmacia (o punto Sigre)! En círculo, reflexionamos sobre a relación do que acababamos de vivir na aula e o que acontecía en Tui, o que observamos na primeira tarefa, e así foi como nos puxemos en acción.  O primeiro paso que demos foi crear enquisas para coñecer os hábitos dos nosos veciños e veciñas, así como as súas preocupacións respecto ao medioambiente 🌳. E, como somos ben curiosos e curiosas, dec