Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

TAREFA 1 INFANTIL. E TI COÑECES TUI?

Imagen
Pois aqui estamos de novo cunha nova tarefa do ámbito Natural e social dxs anaxs de infantil.  Neste curso atopámonos outra vez inmersos no programa Escola Verde do Plan Proxecta da Consellería de Educación.  Esta tarefa deu comezo da man de Ecocan, un personaxe que nos enviará diferentes #Ecoretos a completar para chegar a ser activistas medioambientais ao final de curso.  O Obxectivo que perseguemos nesta tarefa foi que o alumnado fora consciente das necesidades existentes na súa cidade con respecto ao medio natural (flora, fauna) e o medio urbano (contaminación). Para isto, convertéronse en fotógrafos e fotógrafas e saimos pola nosa cidade en busca de imaxes que nos axudaran a entender mellor a situación de partida e o que está acontecendo na nosa vila.  Os resultados non foron os esperados, xa que ningúen contaba que houbera tanta contaminación. Deste xeito, decidimos que Tui precisa un cambio e que nós imos ser parte dese cambio: "Pensando globalmente e actuando localmente&qu

E TI, COÑECES TUI? 2º Ed.Primaria

Imagen
  O obxectivo principal da tarefa é converterse en activistas medioambientais a final de curso, e para iso teremos que ir superando diferentes eco-retos ou misións ao longo do mesmo.   Neste primeiro trimestre, a misión encomendada foi identificar elementos da contorna de Tui (flora, fauna, paisaxe, acción do ser humano...), así como zonas contaminadas, deterioradas, etc. Que ten Tui de bo e que podemos mellorar na nosa vila? Estes foron os pasos que seguimos durante a tarefa:

TAREFA 1. E TI, COÑECES TUI? PRIMEIRO DE PRIMARIA

Imagen
Chegou o momento de pasar a acción!! Despois de afondar nas ODS o curso pasado, comprendemos que o noso planeta necesita de axuda e temos que pensar e reflexionar xuntos como imos formar parte deste cambio. Durante este curso no ámbito NATURAL-SOCIAL convertirémonos en activistas medioambientais. Creemos que as palabras e pensamentos non son sufcientes e queremos pasar a acción cun movemento global que aporte algo positivo o noso planeta.  Co noso lema, PENSA GLOBALMENTE E ACTÚA LOCALMENTE, imos comezar a nosa andaina... Nesta primeira tarefa do ámbito, a nosa intención e observar a nosa contorna e recoñecer necesidades e perigos. Temos a gran sorte de vivir nun lugar precioso con moita conexión co mundo natural, pero... Como é a nosa realidade? Que podemos facer para mellorar os nosos hábitos? Hai algunha urxencia que debamos atender? Para dar resposta a estas e outras preguntas organizamos a nosa tarefa nos seguintes pasos:  E TI, COÑECES TUI? DIA 1 CÍRCULO : Que pasaría se unha nub