PRODUTO FINAL DA TAREFA SOBRE A COMPOSTAXE (ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA)
Nesta tarefa todos os nenos e nenas do cole (dende infantil ata primaria) estivemos a traballar no ámbito natural e social aspectos sobre o compostaxe. Todo isto tiña un sentido conectado cun mesmo traballo e obxectivo común: crear a nosa guía para compostar ben do CEIP Nº1 de Tui. Para lograr isto, repartimos o traballo e cada grupo de ámbitos participou dun xeito diferente aínda que traballando nun mesmo produto final: A GUÍA. Os nen@s de infantil participaron na guía incorporando as súas voces mediante a gravación de audios sobre as cousas que sí que podemos botar no compost e as cousas que non. Nos cursos de 1º e 2º de primaria elaboraron os debuxos que aparecen no produto final e investigaron en pequenos grupos. O alumnado de 3º e 4º de primaria elaborou diferentes vídeos que introducimos na guía en forma de códigos QR para que poidades ver os pasos a seguir nos diferentes procesos que precisa a compostaxe. Por último, nos cursos dos maiores do cole, 5º e 6º, trab...