Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

PRESENTACIÓN DA PRIMEIRA TAREFA DO ÁMBITO

Imagen
Aquí vos deixamos un breve vídeo no que podedes contemplar o que estamos a facer nesta primeira tarefa do ámbito natural e social. Estamos a investigar na horta do cole para elaborar o noso produto final: un caderno de campo para compartir coa comunidade educativa. Este caderno será accesible para tod@s de maneira que o presentarán en diferentes formatos (audio, vídeo, imaxes, diferentes idiomas...). Dende a etapa infantil ata 6° de primaria. 

QUE FAREMOS? Principais obxectivos do ámbito Natural e Social

Imagen
BENVID@S! Con este obradoiro poremos en funcionamento atitudes e valores como: o respecto ás normas de convivencia; o exercicio activo da cidadanía; o desenvolvemento dun espírito crítico; o respecto aos dereitos humanos e o pluralismo; a concepción do diálogo como ferramenta primordial para a convivencia, a resolución de conflitos e o desenvolvemento das capacidades afectivas en todos os ámbitos; unha actitude de curiosidade, interese e creatividade cara á concienciación das problemáticas mundiais. A sostenibilidade será a nosa meta máis importante, reflexionaremos con sentido crítico sobre a nosa maneira de vivir, estar, consumir e na súa relación cos riscos medioambientais.

1ª TAREFA NO ÁMBITO NATURAL E SOCIAL. "O NOSO HORTO"

Na  primeira tarefa no ámbito Natural e Social investigamos plantacións que se atopan no Horto Urbán e Ecolóxico no patio do colexio. Desde hai catro cursos decidimos crear un Horto no Patio porque queremos experimentar e aprender no horto. O noso patio non ten espacios verdes pero atopamos dversas opcións para facer un horto: pallets, maceteiros, aproveitamento dos escasos espazos verdes... Cada curso traballamos e aprendemos no horto plantando e coidadndo diferentes especies  e ....  Sabiades que a principio deste curso  no horto están plantadas unhas 80 especies diferentes? Nesta tarefa planeamos un Reto: Identificar e estudiar as diferentes especies para facer unha ficha técnica de cada especie seleccionada. Nesta ficha técnica tratamos que a información  sexa o máis accesible posible para calquera persoa. Na ficha ténica estarán insertadso dous QR, un  QR que nos leva a un audio elaborado polos nen@s de Infantil, outo QR que nos presenta a información en forma

COHESIÓN DE GRUPO E CONSTITUCIÓN DE EQUIPOS.

Imagen
Antes de comezar a traballar nas tarefas dos diferentes ámbitos dedicamos tres sesións para coñecernos e falar da importancia do traballo en equipo. SESIÓN 1:  Dinámica "A Pelota" . Nome + Talento. Os nen@s van pasando a pelota no sentido das agullas do reloxio e responden a pregunta. Obxectivo: Coñecemento mutuo. Xogo : Cruzar O Río. Trátase dun xogo que nos leva a reflexionar sobre a importancia das responsabilidades en grupo  e valorar a importancia do traballo cooperativo. SESIÓN 2:  Constitución de Equipos.Utilizamos a Estructura Cooperativa A Diana. Unha vez cuberta a Diana deben buscar un nome para o seu equipo e poñerse de acordo tendo en conta as respostas de todos os membros  SESIÓN 3: Reflexión e posta en común despois de escoitar o Conto do carpinteiro. É sinxelo atopar defectos nos demáis ,isto pode facelo calquera,  pero atopar cualidades e talentos isto é de sabios. Repartimos os Cadernos de Equipos e adxud