CAPSULAS SOSTIBLES !! REMATA A SEGUNDA TAREFA DO ÁMBITO NATURAL E SOCIAL !!
Durante este trimestre, o alumnado de 1º e 2º de EP afondou dende o ámbito natural e social, nos bos e malos hábitos para o coidado e a sostibilidade do noso planeta co fin de encher dende o centro unha cápsula do tempo na que recolleron mensaxes con consellos sobre emprego dos nosos bens e o coidado do contorno para os estudantes do futuro!!. A continuación recóllense algunhas das actividades que levaron a cabo: 👉 DETECTIVES NA CASA E DETECTIVES NA ESCOLA Durante o Nadal, recibiron unha mensaxe do seu amigo o extraterrestre no que lles daba instrución para comezar a segunda misión do ámbito e no que lles pedía facer de ``detectives pola casa´´, recollendo probas a través de fotos de malas prácticas de cara ao coidado do medio ambiente. A volta das vacacións analizaron na clase as fotografías que tomaron e as accións que nelas se representaba, sacando as súas conclusións sobre as mesmas. Como creemos que o aprendizaxe debe ter lugar a través da experimentación e no entorno mais próxim...