Partimos dun VEXO, PENSO, PREGÚNTOME sobre a situación de deterioro do planeta Terra ... Un marciano visita a horta do cole e pregúntanos: P oden as plantas axudar ao planeta terra?.. . Para contestala, activamos os nosos coñecementos previos cun CÍRCULO . Iniciamos unha investigación cun XOGO DE PISTAS pola horta e así descubrimos as plantas que temos e por que algunhas están xuntas e outras non... Visionamos vídeos de hortos ecolóxicos, as súas características, as asociacións de plantas coñecidas e a rotación de cultivos. Fixemos estruturas cooperativas de FOLIO XIRATORIO para compartir información, LECTURA COMPARTIDA, dos beneficios da asociación de cultivos e plasmamos a información obtida en ORGANIZADORES GRÁFICOS . Tamén elaboramos para a GUÍA de forma gráfica e con audio, as plantas que obteñen beneficio se se plantan xuntas e as que non... Por último saímos ao patio e fixemos un exemplo de rotación de cultivos para descubrir os beneficios destes tip...