AS SEMENTES (Despegando pero cos pes na terra)🌱 Durante este primeiro trimestre e co fin de elaborar unha guía de boas prácticas para o horto ecolóxico, o alumnado de 1º e 2º de primaria, investigou arreo sobre as sementes. Leváron a cabo moitas tarefas, todas elas mediante traballo en equipos e aprendizaxe cooperativo, polo que a continuación presentase un pequeno resumo das mesmas: Primeiro buscaron as pistas que lles deixou un marciano no horto da escola sobre a tarefa que tiñan asignada no ámbito e alí atoparon unhas cartolinas que recollían a mensaxe: ¿Como nace unha planta? A esa pregunta deron resposta, dialogando entre os membros dos equipos e recollendo os seus coñecementos previos mediante debuxos e palabras nun folio. A través de vídeos, libros e contos, indagaron sobre a xerminación, as partes dunha planta, o que precisan estas para vivir, e foron expresando todo o que ían aprendendo en diversos soportes e expoñendo os mesmos ante o grupo. Descubriron que cada planta ...