Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

CADERNO DE CAMPO: PRODUTO FINAL DA PRIMEIRA TAREFA "A NOSA HORTA"

Imagen
Hoxe por fin temos o pracer de compartir con vós o primeiro produto final que saiu do noso alumnado no ámbito natural e social: o noso caderno de campo. Este caderno foi elaborado por todo o alumnado do cole. En infantil aportaron información en gravacións de voz ( tedes que buscar nas imaxes do caderno para facer clic e escoitar aos peques de infantil ). En primeiro e segundo de primaria fixeron as súas gravacións de video explicando curiosidades sobre as especies investigadas ( facede clic nas subportadas para cada especie e podedes ver os videos ). En terceiro e cuarto tiveron que investigar e despois transformar esas investigacións a pictogramas ( queríamos elaborar un caderno que poida ser accesible á todas as persoas ). Por último, o alumnado de quinto e sexto elaborou o formato do caderno de campo incluíndo información visual e escrita. Así, entre todos e todas quedounos este caderno tan chulo que podedes contemplar no seguinte link: FACEDE CLIC! https://issuu.com/ceipnume