Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

TERCEIRA TAREFA INFANTIL: "GUÍA PARA COMPOSTAR BEN"

Imagen
HOLA DE NOVO!  Nesta terceira tarefa estivemos traballando sobre a compostaxe.  En primeiro lugar, partimomos da imaxe do noso composteiro do cole para indagar sobre as ideas previas dos nenos e nenas facendo preguntas do estilo: "Sabes que é iso que aparece na foto?", "Tes idea de para que serve", Que cres que hai dentro?"  Unha vez que falamos, procedemos a saír ao patio na  procura do composteiro. Atopámolo e fixemos unha foto ademais de observar que había dentro e de coller unha mostra de compost para levar á aula e observar cos microscopios e lupas. Estade tranquil@s que puxemos unhas luvas! Por suposto! :) Tamén contamos un conto sobre o compost e coñecimos a Rufo, Pedro e Coco, uns bichos que viven dentro dos restos da comida. A partir do conto investigamos outros bichos como son as cochinillas, os caracois, as lesmas, bacterias... Organismos vivos dentro do compost!  Para rematar, fixemos os nosos propios sementeiros plantando feixóns. Así daré